venres, 10 de xaneiro de 2014


Volta das vacacións……


 

 

 

 En primeiro lugar blogueiros felicitacións a todos polo novo ano!! Esperemos que este ano sexa como o anterior, foi un moi bo comezo no curso con moi bos resultados esperemos que nesta segunda evaluación e na terceira suceda o mesmo. Escribo esta pequena entrada para dar  o comezo da segunda evaluación.

Oxe foi a primeira clase de deportes individuais do ano, o profesor estivonos explicando cales serán os novos conceptos que daremos, e seran a metodoloxia de natación e atletismo entre outros. Na seguinte hora reunimonos o grupo dos que fixemos os traballos de lanzamentos: os de jabalina, peso, martillo e disco, estibemos prácticando lanzamentos e comentando a técnica e o manexo de cada un. Os grupos están formados por 4 personas cada unha delas encargarase de explicarlle os outros compañeiros o manexo dese lanzamento. Entón cada un teremos que preparar ben o noso traballo, para a semana empezaremos con peso e asi cada semana con un ata rematar.

Con esta breve introdución despidome, ata semana blogueiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario