Sesión de atletismo
Alba,
Judit, Lorena
Fase introductoria:
Esta sesión, realizarase nunha pista de
atletismo ao aire libre e terá unha duración de aproximadamente 40 minutos,
divididos en tres partes, unha parte de quecemento, que ocupará 10 minutos,
unha parte principal de 20 minutos e a volta á calma que durará 10 minutos.
Os obxectivos xerais que queremos conseguir
nesta sesión, son principalmente achegar aos alumnos ao atletismo, respectar
aos compañeiros e as normas dos xogos e desenvolver as capacidades motoras
mediante o xogo.
O material necesario para levar a cabo os
distintos xogos é:
1) 20 Conos
2) 15 Cordas
3) 15 Aros
4) 8 Vallas
5) 2 Balóns medicinais
6) 2 Balóns de espuma
Na primeira parte da sesión, o QUECEMENTO,
levaránse a cabo os seguintes xogos:
Xogo: Cazadores e Lobos.
Obxectivo específico deste xogo: Activación
xeral do organismo. A colaboración entre compañeiros e a coordinación.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo
delimitado por conos na pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario:Un balón e catro conos.
Participantes: Todos os alumnos da clase.
Desenvolvemento do xogo: Cinco alumnos son os
cazadores e os demáis son os lobos. Nunha zona delimitada previamente, os lobos
deberán escapar dos cazadores, que os intentan pillar. Estes pillarán tocando
aos lobos cun balón e non poderán avanzar co balón na man, deberán pasalo entre
eles para poder pillalos.
Variante 1: Unha vez pillados, os lobos pasan
a ser cazadores tamén.
Variante 2: Os cazadores pillan co balón pero unidos
polas mans.
Xogo: A muralla humana
Obxectivo específico deste xogo: Continuar coa
activación xeral do organismo.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo
delimitado por conos na pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Sete conos.
Participantes: Todos os alumnos de clase.
Desenvolvemento do xogo: Un alumno sitúase na
liña central , previamente indicada e os seus compañeiros ao carón do campo. O
profesor, comeza a contar en voz alta "10, 9, 8, 7, 6?". Antes de que
acabe, todos os alumnos deben pasar á outra metade do campo sen ser tocados
polo compañeiro que está no medio. Os que sexan tocados por o alumno que está
no medio pasará a pillar con el.
A segunda parte desta sesión, será a PARTE
PRINCIPAL, e nela irán os xogos de maior desgaste físico:
Xogo: Rouba-paños
Obxectivo específico deste xogo: Desenvolver a
potencia vertical de salto.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo
delimitado por conos na pista de atletismo
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: 30 paños
Participantes: Todos os alumnos.
Desenvolvemento: Todos os alumnos deben
colocarse un paño por detrás dentro do pantalón e despois, á orde do técnico comezan
a perseguirse e quitarse os paños dos compañeiros. Gaña o que aguante co paño
máis tempo.
Variantes: Pódense colocar dous paños, tamén
se pode engadir unha corda simulando un rabo, sen atar, que o atacante tentará
arrebatar.
Xogo: Circuíto de exercicios variados en 5 fases.
Neste circuíto irase explicando en cada
exercicio o seu obxectivo específico e o material necesario. Durará 15 minutos
en total. Todos os exercicios teñen en común, o lugar para o desenvolvemento do
xogo, que será a pista de atletismo. Colocaremos os exercicios por estacións
que irán rotando, faremos grupos conforme en cada estación haxa 5 ou 6
participantes.
1º Exercicio: Salto de vallas e salto a corda
Obxectivo específico deste xogo: mellorar a
capacidade de salto.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: seis vallas, catro cordas
Participantes: Todos os alumnos de clase
divididos en grupos.
Desenvolvemento do xogo: Os alumnos en grupos
organizaranse ante a liña de saída, ao sinal de comezo un alumno de cada grupo
realizará a saída, salta tres vallas e realizará dez saltos coa corda ao estilo
que máis lle guste.
Cando termine o exercicio volverá á liña de
saída para dar a substitución ao outro participante
2º Exercicio: Transporte de balón medicinal
entre obstáculos
Obxectivo específico deste xogo: Mellorar a
habilidade e a carreira.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dous balóns medicinais de
entre tres e catro quilogramos, catorce conos, e dúas cordas.
Participantes: Todos os alumnos de clase en
grupos.
Desenvolvemento do xogo: Na liña de saída o
alumno collerá un balón medicinal, este deberá ser levado entre os obstáculos
facendo unha traxectoria de zigzag, unha vez completado o percorrido correrá á
liña de saída onde dará a substitución ao seu compañeiro.
3º Exercicio: Sprint e saltos entre aros
Obxectivo específico deste xogo: Mellorar a
velocidade e capacidade de salto.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dous conos, dúas cordas,
dez aros.
Participantes: Todos os alumnos de clase en
grupos.
Desenvolvemento do xogo: Desde a liña de saída
ao sinal do profesor, os alumnos sairán realizando un sprint até a zona
marcada, para volver á liña de saída terán que realizar saltos entre os aros
situados no pavimento. Ao chegar daráselle a substitución ao seguinte alumno
4º Exercicio: Sprint e Sentadillas
Obxectivo específico deste xogo: Mellora de velocidade
e forza.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dúas cordas, dous conos,
dous aros.
Participantes: Todos os alumnos de clase en
grupos.
Desenvolvemento do xogo: Colocaranse os
alumnos por filas, realizarase unha carreira até un cono, situado dentro dun
aro, o alumno colocarase dentro do aro e agachásese catro veces tocando o cono,
cada vez que toque o cono terá que realizar un salto antes de volver agacharse.
5º exercicio : Pasos cruzados, salto obstáculo
e sprint
Obxectivo específico deste xogo: mellora da
velocidade, salto e habilidade.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Doce aros, dous conos,
duas vallas, dúas cordas.
Participantes: Todos os alumnos de clase en
grupos.
Desenvolvemento do xogo: Desde a liña de saída
realizarase a carreira,pisando un pé en cada aro,realízase un sprint até a zona
marcada, na volta atopámonos un obstáculo que debemos sortear saltando para dar
a substitución ao compañeiro.
Para terminar, faremos a última parte da
sesión, a VOLTA Á CALMA, que constará de dous xogos:
Xogo: A galiña cega
Obxectivo específico deste xogo: Agudizar os
sentidos do oído e do tacto.
Lugar para o desenvolvemento: Pista de
atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Conos para delimitar a
zona, 2 paños
Participantes: Toda a clase.
Desenvolvemento do xogo: Un alumno terá os
ollos vendados, e terá que intentar pillar os seus compañeiros, os que resulten
pillados terán que sentarse.
Variante: o alumno que esta pillando ten que
reconocer a persoa que pille
Xogo: Mar, terra, aire
Obxectivo específico deste xogo:
Desenvolvemento da concentración e a velocidade de resposta mental.
Lugar para o desenvolvemento: Pista de
atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Unha pelota.
Participantes: Toda a clase.
Desenvolvemento do xogo: Todos se colocan en
círculo e un xogador no centro que ten unha pelota. O do centro pásalle aos
exteriores á vez que di unha do tres opcións (mar, terra ou aire). O que recibe
a pelota ha de contestar un animal dese medio. O que falle ou repita ocupará o
centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario