xoves, 13 de marzo de 2014

Preparando a competición...








 Este luns pasado e o anterior estibemos preparando na clase de natación as probas de competición, no que todos colaboraremos uns participando nas probas e os demais colaborando e preparando o concurso,uns encargaranse de presentar e poñer a música outros de facer os carteis de publicidade outros encargaranse dos materiais etc….

As probas son as seguintes:

A competición costará de varias probas, unha individual femenina e outra masculina, onde os participantes terán que nadar 25 metros a crol e volver remolcando un muñeco outros 25 metros.

 Outra das probas é a de equipo, cada equipo constará de 4 máis ou menos participantes,    habendo no equipo rapazas e rapaces. A proba consiste en que o primeiro debe relizar 25 metros de buceo con aletas, o segundo fará 12,5 metros a crol e 12,5 metros remolcando un muñeco, o terceiro membro do equipo remolcará o boneco 25 metros, e por último o cuarto participante nadará 25 metros a crol.

 

 
Esta competición realizaremola os rapaces e rapazas do 1ºcurso de tsafad e os do 2º curso, esperemos non quedar moi mal na proba ante os rapaces de 2º ano xa que eles teñen un nivel algo máis alto co noso,unha vez realizada a competición teredes noticias miñas, un saudo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario